sábado, 24 de abril de 2010

Día do Libro




Esta semana Vaidelibros mudou o seu aspecto habitual

e preparouse para celebrar un día tan sinalado como este.








Os alumnos de 1º e 2º visitaron a exposición de libros e nalgún caso escoitaron atentamente un conto.





Os alumnos de 3º e 4º, asistiron o xoves á presentación do 2º xornal elaborado coa participación de tódolos alumnos de Primaria " O Musical Espacial" e, á entrega de premios da "Busca do Tesouro", este ano coa presenza da inspectora da zona .




Correspondeulle o 1º premio a "Metal " e o segundo a "Los jóvenes Beethoven







Este acto estivo amenizado por alumnas de 6º que acompañadas da guitarra interpretaron varias cancións.








O acto do día 23 asistiron os alumnos de 5º e 6º,
previamente á entrega de premios

se lles explicou os pormenores

da participación e resultados obtidos na Xincana Musical


Clic aquí para ver o gráfico do resultado





O primeiro premio foi para "As Notas Musicais










E o segundo para " Os callejeros Crew"



Na entrada do centro continúan dúas exposicións relacionadas coa lectura.
Nunha delas pódense ver as respostas recopiladas polas Bibliotecas Escolares de Galicia que
personaxes coñecidos do mundo da cultura deron á pregunta:
..............Para que les?
Valeron respondeu á pregunta solicitada por Vaidelibros e enviou saúdos para tódolos alumnos de Portofaro.
A outra exposición corresponde ás respostas dadas polos alumnos de 6º

1 comentario:

  1. Parabéns por tanto e tan bo traballo. Os rapaces e rapazas parece que realmente disfrutaron.

    ResponderEliminar