sábado, 10 de abril de 2010

Busca do Tesouro e Xincana Musical



Dende da casa, na aula de informática, na biblioteca ou na súa propia aula, calquera lugar é bo para mergullarse no mundo da Lectura, a Música ou as novas tecnoloxías-TIC -

Un ano máis os alumnos maiores están a participar en dous xogos, este ano co tema da Música.

Dezaoito equipos de 3º e 4º, na " Busca do Tesouro" e vinte de 5º e 6º, na "Xincana Musical" Os nomes dos equipos están relacionados tamén coa Música.


O primeiro trátase de localizar e responder a quince preguntas que están en cinco libros
averiguando primeiro, coas pistas proporcionadas, en que libro están. Recoméndaselles que consulten o índice e que teñan en conta os apartados e unha vez atopada a páxina, as letras en negriña. Cada equipo formado por cinco alumnos dispoñen de media hora.

Para os de 5º e 6º é algo máis complicado. Formulan e responden as preguntas, a través dunha wiki aloxada na páxina web do centro.

O 23 de abril "Día do Libro" coñeceremos os gañadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario