skip to main |
skip to sidebar
A iniciativa dunha profesora do centro e organizada por ela, os alumnos de 1º escoitaron dous contos presentados polos alumnos do centro Nosa Señora de Lourdes.
"Los tres cerditos y El ratoncito Pérez"
Noraboa a estes nenos que o fixeron moi ben.
Despois visitaron a biblioteca.
Lectura dixital
Dende este mes Vaidelibros conta un e-book, e a partir de setembro os usuarios da biblioteca poderán utilizalo na sala.
O 8 de abril tivo lugar en Santiago os....Encontros do...Plan de Mellora ...das Bibliotecas Escolares...o que asistimos por terceiro ano consecutivo ó formar parte deste plan.
Este ano contouse entre outros coa presenza de Teresa Mañá e Mónica Baró que nos fixeron reflexionar en torno a biblioteca como ferramenta de traballo para alumnos e profesores e sobre a autoavaliación da mesma.
Tamén estivo nos encontros Xosé Neira Vilas autor de "Memorias dun neno labrego " 1º best seller da literatura galega polo número de edicións e traduccións coas que conta.
Na presentación que aparece a continuación, vense os traballos realizados a través das bibliotecas participantes, entre eles pódese ver algún dos presentados por Vaidelibros.